Primeiro xogo infantil interactivo para que os miúdos e miúdas descubran a riqueza cultural e turística da provincia da Coruña e, especialmente, os recursos máis atractivos para turistear coa familia en calquera estación do ano, pontes, fins de semana e periodos vacacionais. Un xogo creado para o Fondo de Proxectos Culturais do Xacobeo 2021..
CONTIDOS
Son dez os bloques de recursos que coñecerán os miúd@s.
Todos eles identificativos da riqueza cultural e turística de provincia da Coruña, pero tamén do resto de Galicia.
Cada bloque iníciase cunha descripción xeral, escrita e locutada, que permite aos minud@s familiarizarse cos elementos patrinomiais e iconos da provincia.
Todos os bloques contan cos mesmos tipos de xogos.
Un puzzle, un "clica" no que descubrir elementos, un "crea" para deseñalos ou compoñelos e un "colorea", no que espertar o sentido artístico.
Na introdución de cada bloque, figura o botón PLANEA A VIAXE COS MIÚD@S.
Ao clicar, accédese a un documento PDF con información relativa aos diferentes recursos e que resulta moi útil para preparar, dun xeito sinxelo, unha viaxe ou excursión cos miúd@s.
O PDF, preparado para imprimir, recolle INFORMACIÓN POLO MIÚDO sobre cada bloque de recursos, ENLACES DE INTERESE, CURIOSIDADES, un DEBUXO para colorear e unha representativa GALERÍA FOTOGRÁFICA.
Turisteando cos miúd@s foi realizado por SCB, S.L. para o FONDO DE PROXECTOS CULTURAIS DO XACOBEO 2021.
Unha inciativa da Xunta de Galicia que promove a creación dun repositorio de contidos creativos de interese cultural en lingua galega.
Todos os recursos dos bloques informativos e do documento de axuda para planear unha viaxe cos miúd@s pertencen aos distintos Concellos da Provincia.
Os Faros. O Camiño de Santiago. O Bosque Animado. A Auga. Os Museos. Os Tesouros Galegos. As Fortalezas. Os Miradoiros. En Activo. Lugares con lenda.
Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Nulla euismod condimentum felis vitae efficitur. Sed vel dictum